ECLIPSE PARCIAL DE LÚA
Mañá, 19 de novembro de 2021, producirase unha eclipse parcial de Lúa que será visible no oeste de Europa e África, América, o Pacífico, Oceanía e Asia.
O inicio da eclipse de penumbra será visible a partir das 7.02 da mañá. Ás 8.19 horas iníciase a eclipse parcial, que alcanzará o seu punto álxido ás 10.03 horas e finalizará ás 11.47 horas (a eclipse parcial) e ás 13.04 horas a eclipse penumbral. É dicir, o que é a eclipse en si durará 3 horas e 28 minutos, desde que a Lúa entre na sombra da Terra e ata que salga dela. A fase máxima ocorrerá en metade do período, sobre as 10.03 horas, e asemellarase á ’Lúa de sangue’ ou ‘Lúa do Cazador’ vista en outubro.
As primeiras fases da eclipse (penumbral) serán visibles desde España, pouco antes de que comece a amencer, aínda que desde Galicia tamén se observará a parcial.
As eclipses lunares prodúcense cando a Terra interponse entre o Sol e a Lúa, xerando nesta unha sombra.
Merece a pena velo!
0 comentarios