CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE? XIX
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE A HISTORIA DA ARTE como disciplina académica, restrinxida ás denominadas artes visuais ou plásticas (esencialmente a pintura, escultura e arquitectura).
A contestación correcta á pregunta de onte é Verdadeiro. A Venus de Milo foi atopada, rota en dúas peza, en 1820, na illa grega de Milos, por un campesiño chamado Yorgos Kentrotas. Un oficial da mariña francesa, Jules Dumont d’Urville, decatouse do valor da obra e quixo comprala pero o prezo que o campesiño pedía pola escultura era demasiado alto, e como non levaba o diñeiro suficiente, recorreu a un embaixador francés en Constantinopla, quen accedeu a comprala. Con todo, anteriormente o campesiño acordara vendela aos turcos, o que iniciou un conflito pola posesión da estatua, incluso dise que algunha pelexa no último momento. Finalmente, a Venus de Milo saíu de Grecia no ano 1821, e logo de ser restaurada, presentoulla ao rei Luís XVIII no ano 1821 que a mandou colocar no museo do Louvre, onde aínda se exhibe. A obra en cuestión, tamén chamada pero menos coñecida como Afrodita de Melos, é unha escultura grega da época helenística que representa a deusa Afrodita (Venus para os romanos). É de mármore, de preto de 2,02 m de alto, desprovista dos brazos e falta tamén do seu basamento orixinario. A partir dunha inscrición do perdido baseamento, a obra é atribuída a Alexandre de Antioquía. En tempos era, erradamente, adscrita ao célebre escultor Praxíteles.
E imos coa pregunta de hoxe!
19. Esta é a famosa obra O Beso, do pintor austríaco Gustav Klimt, pertencente ao…
- Surrealismo
- Modernismo
- Impresionismo
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal culturizando.com, buen-saber.com e gl.wikipedia.org Imaxe: culturagenial.com
0 comentarios