A SOCIEDADE OLVIDOU A IMPORTANCIA DO AFECTO
Mestra, psicopedagoga e formadora de profesores e familias, Sonia López Iglesias destaca que a súa tarefa máis importante é a de ser nai de dous adolescentes. “Ser mamá ou papá é o único oficio do mundo no que primeiro che outorgan o título e logo cursas a carreira. Ademais, unha carreira de fondo, chea de tropezos e de non saber dar resposta”, afirma. Nesta carreira profesional e vital tivo ocasión de traballar en todas as etapas educativas, desde Educación Infantil a Secundaria, e impartir charlas e talleres sobre como mellorar a comunicación familiar, a intelixencia emocional e o que defende como “pedagoxía do querer”.
“Esta pedagoxía baséase nun acompañamento desde o amor incondicional, desde a confianza, desde o respecto, desde a creación dun vínculo sólido e desde a dispoñibilidade”, expón a experta, que comparte as súas reflexións en varios medios especializados en crianza e no seu blog Equilibrium. Segundo a súa experiencia, en tempos de incerteza e tensión, a sociedade esquece a importancia das mostras de afecto cara aos máis pequenos. “Os nosos fillos necesitan de nós o noso agarimo, tenrura e, sobre todo, que establezamos con eles un vínculo forte. Ese vínculo é o que lles vai a dar seguridade ante a vida”, conclúe.
0 comentarios