EMPREGAMOS SÓ O 10 % DO CEREBRO?
Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.
Neste caso Empregamos só o 10 % do cerebro? polo biólogo especializado en neurociencia Xurxo Mariño Alfonso.
Existe o “cerebro reptiliano"? Xurxo desmontou algúns dos moitos estendidos neuromitos que seguen existindo a día de hoxe. Cun concurso onde o presentador do programa Eduardo viu postos a proba os seus coñecementos. Xurxo desmontou mitos como que só empregamos o 10% do noso cerebro, ou a existencia do “cerebro triuno”, unha clasificación xeral do encéfalo da vertebrados proposta nos anos 60 que, por sorte, non chegou a implantarse.
Moi interesante!
0 comentarios