CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? II
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!
A contestación correcta á pregunta de onte é Algo inexistente, un concepto abstracto coñecido como Nun e descrito como un océano primordial, sen límites. Ao falar sobre algo facemos que esa cousa exista, pero para os antigos exipcios antes da creación non había absolutamente nada: un concepto abstracto, algo inexistente, como un océano primordial (Nun) escuro e sen límites, aínda que non se pode falar de escuridade porque aínda non fora creada.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. A orixe principal da riqueza e a prosperidade do antigo Exipto atópase...
- Na gran fertilidade das terras do val do Nilo para a agricultura
- Na pesca que había no Nilo
- Nos cartos que deixaban os turistas de visitaban as súas pirámides
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, orientaeduc.com e gl.wikipedia.org Imaxe: viajesproximoriente.com
0 comentarios