Blogia
vgomez

OS 12 PAÍSES MÁIS PEQUENOS DO MUNDO

OS 12 PAÍSES MÁIS PEQUENOS DO MUNDO

É curioso, pero a pesar da gran extensión que ten a Terra, no mundo hai máis de 12 países cuxa extensión apenas chega os 400 quilómetros cadrados. Non che parece que sexa pouco? Como exemplo, Galicia, ten 29.575 quilómetros cadrados, o Concello de Tomiño ten 106,5 quilometros cadrados, e a nosa localidade, A Guarda, tan só 20,5 quilómetros cadrados.

E é que algúns países son realmente pequenos. Imos ver os 12 máis pequenos:

1. Cidade do Vaticano: A súa extensión é de 0,49 quilómetros cadrados. É, sen dúbida, o país máis pequeno do mundo. Situado dentro de Roma, é o fogar do Papa e un recuncho de gran beleza arquitectónica e artística en xeral. A Capela Sixtina é unha destas marabillas.

2. Mónaco: Cunha extensión de 2,02 quilómetros cadrados e apenas 31.200 habitantes, Mónaco, situado en Europa, é dos países con maior densidade de poboación. É unha cidade-estado que alberga un dos museos Oceanográficos máis antigos do mundo (remóntase a 1910).

3.  Tuvalu: Cunha extensión de 26 quilómetros cadrados, este país de Oceanía (chamado Illas Ellice até 1974) é o reino máis pequeno da Commonwealth ou Mancomunidade de nacións. É a terceira nación independente con menos poboación de todo o mundo.

4. Nauru: A extensión de Nauru, situado en Oceanía, é de 21 quilómetros cadrados. A capital deste país é Yaren. É o país insular máis pequeno do mundo.

5. San Mariño: Ten unha extensión de 61 quilómetros cadrados. Está situado en Europa e a súa capital é San Mariño. Destaca a súa antiga cidade amurallada medieval e as súas características rúas empedradas.

6. Liechtenstein: Cunha extensión de 160 quilómetros cadrados, Liechtenstein (Europa) é o sexto país máis pequeno do mundo. A súa capital é Vaduz.

7. Illas Marshall: A República das Illas Marshall é un país insular situado no océano Pacífico e que ten unha extensión total de só 181 quilómetros cadrados. A súa capital é Majuro.

8. San Cristóbal e Neves: Iste país caribeño é tamén un dos máis pequenos do mundo. É un país das illas de Barlovento que ten unha extensión oficial de 261 quilómetros cadrados. As súas capitais son Basseterre e Charlestown.

9. Maldivas: Cunha extensión de 300 quilómetros cadrados, Maldivas é o país máis pequeno de Asia. Este país tropical é coñecido polas súas lagoas azuis, os seus arrecifes e as súas praias paradisíacas. A súa capital é Malé.

10. Malta: O país membro máis pequeno da Unión Europea é Malta. Ten unha extensión de 316 quilómetros cadrados e a súa capital é A Valeta, lugar onde adoitan atracar moitos cruceiros de turistas que sucan o Mediterráneo.

11. Granada: Non confundir coa preciosa cidade andaluza. O país caribeño de Granada é dos máis diminutos do mundo cos seus 344 quilómetros cadrados de superficie. A súa capital é Saint George.

12. San Vicente e as Granadinas: A súa superficie é de 389 quilómetros cadrados. É un país do sur do Caribe cuxa capital é Kingstown. Tamén é famosa por recunchos como a illa Bequia, un paraíso cheo de espectaculares arrecifes.

FONTE: Sarh Romero/muyinteresante.es/cultura

0 comentarios