CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? III
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!
A contestación correcta á pregunta de onte é Na gran fertilidade das terras do val do Nilo para a agricultura. A vida agrícola dos exipcios estaba adaptada á dinámica fluvial do río Nilo, o cal fixo posible que, no medio do deserto, puidérase desenvolver unha próspera agricultura. A agricultura foi un importante motor de progreso grazas á cantidade e variedade de alimentos dos que dispuñan os habitantes. Aínda que os principais produtos agrícolas que consumían eran os cereais, principalmente trigo e cebada (a base da súa dieta), tamén cultivaban moitas hortalizas e froitas e empregaban gran variedade de especias e plantas aromáticas. O río Nilo era o símbolo da fertilidade debido á capacidade que presentaba para enriquecer as terras que alagaba grazas á sedimentación dos limos que contiñan as súas augas.
E imos coa pregunta de hoxe!
3. No 3300 a. C., antes da súa unificación, Exipto estaba formado...
- Pola Alta Mesopotamia e a Baixa Mesopotamia
- Polos reinos do Alto Exipto e do baixo Exipto
- Polos imperios do Alto Exipto e do baixo Exipto
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, orientaeduc.com e gl.wikipedia.org Imaxe: socialesmoriles.blogspot.com.es
0 comentarios