CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XIV
Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.
A contestación correcta á pregunta de onte é 3. Marco Ulpio Trajano naceu o 18 de setembro de 53 d. C. na cidade de Itálica, a escasos quilómetros de Hispalis (Sevilla). Gobernou o Imperio, desde o ano 98 ao 117 d.C.. Publio Elio Adriano tamén naceu en Itálica. Foi nomeado emperador polo seu tío Trajano, ao que sucedeu. Gobernou o Imperio do ano 117 ao 138 d.C. O último dos emperadores romanos de orixe hispana foi Flavius Theodosius coñecido como Teodosio I o Grande, que naceu en Cauca (a actual Coca, na provincia de Segovia). Gobernou desde o ano 379 ao 395 d.C., primeiro como emperador de Oriente e despois de todo o Imperio Romano
E imos coa pregunta de hoxe!
14. Galicia foi conquistada polos romanos, non de maneira fácil, en varias fases. En que século se integrou definitivamente no Imperio Romano?
- Século II a. C.
- Seculo I a. C.
- Século I d. C.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: historyofspain.es Imaxe: caminosconarte.com
0 comentarios