CARBÓN
Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.
Neste caso Carbón polo xeólogo Nahúm Méndez.
O carbón foi unha fonte de enerxía fundamental ao longo da historia. Nahúm conta como este material formouse hai uns 360 millóns de anos, no coñecido como “período carbonífero”, e os distintos nomes que adquire en función da súa porcentaxe de carbono. A partir do carbón, o xeólogo fabrica carbón coque, obtido a partir dunha combustión anaerobia para mellorar as súas propiedades.
Moi interesante!
0 comentarios