Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XIX

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Keops. A Gran Pirámide de Guiza (tamén coñecida como pirámide de Keops ou de Jufu) é, ademais da maior das pirámides de Exipto, a máis antiga das sete marabillas do mundo antigo e a única que aínda perdura. Foi ordenada a construír polo faraón Keops da cuarta dinastía do Antigo Exipto. A data estimada do remate da construción da Gran Pirámide é ao redor de 2.570 a. C., sendo a primeira e maior das tres grandes pirámides da necrópole de Guiza (a citada, a de Kefrén e Micerino), situada nos arredores do Cairo

E imos coa pregunta de hoxe!

 

19. A tinta exipcia empregada para escribir sobre os papiros estaba composta por diversos ingredientes orgánicos e inorgánicos. Un deles era compostos de chumbo. Cal era a misión deste composto na tinta?

- Darlle a cor negra

- Darlle unha cor avermellada

- Facilitar o secado

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org    Imaxe: cartembooks.com

0 comentarios