OS 10 ANIMAIS MÁIS INTELIXENTES DO MUNDO (II)
Contúo coa listaxe dos 10 animais máis intelixentes do mundo, tendo en conta que a intelixencia non é exclusiva do ser humano. O reino animal está integrado por ao redor dun millón de especies diferentes e algunhas delas teñen habilidades cognitivas asombrosas. E non só instintivas, tamén racionais. Memoria, sentimentos, emocións, resolución de problemas de pensamento, entendemento ou razoamento, consecución de obxectivos, adaptación á contorna, capacidade de comprensión, calidades comunicativas… Algúns animais teñen mesmo conciencia de si mesmos.
2. Delfín
O golfiño ou delfín é o animal mariño máis intelixente. Tanto que a súa intelixencia é comparable á dalgúns primates. O seu cerebro é maior que o do ser humano. Son moi sociais, teñen unha linguaxe moi complexa e sofisticado e son capaces de razoar para resolver problemas e para superar situacións conflitivas. Son moi curiosos (signo de intelixencia), desenvolven estratexias de caza e de defensa e cóntanse entre os poucos animais que practican sexo por pracer. Os golfiños superaron con nota a “proba do espello”, que onte comentamos. Teñen autoestima e identidade social (autoconcepto que cada individuo fai de si mesmo en canto aos grupos sociais aos que pertence). Transmiten os coñecementos a outros exemplares da súa especie.
Mañá seguiremos!
FONTE: Ramón Díaz/farodevigo.es
0 comentarios