ANIMAIS PREHISTÓRICOS ATERRADORES II
Continuamos coa serie adicada a animais prehistóricos que foron grandes depredadores, xa extintos, e que daquela dominaron a Terra. Hoxe é o día da Madtsoia.
Podía pesar máis de 1 tonelada e medir entre 15 e 20 metros. Trátase dunha das serpes máis grandes que poboou a Terra. A anaconda, a máis grande que se coñece na actualidade, non supera os 8 metros e os 200 quilogramos de peso. Os científicos non están seguros do período exacto no que viviu, pero estímase que sobrevivó durante moitos millóns de anos: probablemente comezou a existir fai 90 millóns de anos e extinguiuse fai só 2 millóns de anos.
FONTE: Laura Marcos/Revista Muy Interesante
0 comentarios