ANIMAIS PREHISTÓRICOS ATERRADORES III
Continuamos coa serie adicada a animais prehistóricos que foron grandes depredadores, xa extintos, e que daquela dominaron a Terra. Hoxe é o día do Smilodon.
Máis coñecido como tigre dentes de sabre, o Smilodon extinguiuse durante a era Cuaternaria, hai uns 10.000 anos. Estímase que adoitaba cazar en solitario e que grazas aos seus enormes dentes podía matar as súas presas no acto, mediante unha efectiva mordedura no pescozo. Viviu en Asia, Europa e África, e sobreviviu ata o final da última glaciación, polo que se estima que puido coincidir cos primeiros Homo sapiens.
FONTE: Laura Marcos/Revista Muy Interesante
0 comentarios