Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE APICULTURA? IV

Continúo coa serie adicada á apicultura, a actividade agropecuaria que consiste na cría e explotación de abellas domésticas.

A contestación correcta á pregunta de onte é A medida do chamado "paso de abella". Lorenzo Lorraine Langstroth, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 25 de decembro de 1810 e finado o 6 de outubro de 1895, foi un apicultor estadounidense. Inventou a colmea de cadro móbil, e patentouna en 1852, tendo unha difusión practicamente mundial. A mesma leva o seu nome Colmea Langstroth. Tamén descubriu o "paso abella", que é o lugar polo cal as abellas transitan entre os cadros e na colmea. Non respectar este espazo fai que a abella énchao con própole. Nunca debe ser menor a 5 milímetros, porque o encherá con própole, nin maior a 9 milímetros porque construirá panal de cera. Foi un dos primeiros apicultores en recibir e vender nos Estados Unidos a abella italiana (Apis mellifera ligustica), describindo as bondades produtivas desta raza.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Unha abella melipona...

- É orixinaria de Australia

- Produce moia máis mel que a Apis mellifera mellifera

- Non ten aguillón

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: apiculturaymiel.com          Imaxe: cienciahoy.org.ar

0 comentarios