CANTO SABES SOBRE OS POLBOS? VII
Continúo coa serie adicada aos polbos, considerados entre os animais máis intelixentes da fauna e un dos animais máis enigmáticos do océano... ou do espazo exterior...
A contestación correcta á pregunta do día anterior é Todas as respostas son correctas. En efecto, un polbo pode facer todo isto e máis. Son capaces de camiñar polo fondo mariño acompasando de forma hipnótica o movemento dos seus brazos, pero tamén poden nadar si a situación esíxeo, deixarse arrastrar polas correntes ou utilizar un chorro de aire e tinta para propulsarse e protexerse. Tamén utilizan as cunchas doutros animais como protección e os seus potentes e sofisticados ollos desenvolveron a capacidade de recibir e procesar unha inmensa cantidade de información sensorial.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Ademais de todo isto, os polbos tamén son virtuosos da cripsis, é dicir, a capacidade de pasar desapercibidos aos sentidos doutros animais Sabes en que elementos se fundamenta a súa capacidade de camuflaxe?
- Nos seus receptores e pigmentos
- Na textura da súa pel
- Na súa postura
- Todas as respostas son correctas
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: nationalgeographic.com.es/naturaleza Imaxe: iStock/nationalgeographic.com.es
0 comentarios