CANTO SABES DE LETONIA? XI
Continúo coa serie adicada a Letonia, a Xoia do Báltico. Un país cheo de natureza, historia e unha cultura moi rica.
A contestación correcta á pregunta de onte é 36 municipios e 7 cidades estatais. Letonia é un estado centralizado, cuxa capital e cidade máis poboada é Riga. Desde xullo de 2021 está subdividido en 36 municipios e 7 «cidades estatais», cada unha coa súa propia administración: Daugavpils, Jēkabpils, Jelgava, Jūrmala, Liepāja, Rēzekne, Riga, Valmiera, e Ventspils. Á súa vez, os municipios están divididos en parroquias, cidades, e localidades con terreo rural.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Cal é a forma de goberno de Letonia?
- Monarquía
- Democracia representativa
- Ditadura
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios