Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS POLBOS? VIII

Continúo coa serie adicada aos polbos, considerados entre os animais máis intelixentes da fauna e un dos animais máis enigmáticos do océano... ou do espazo exterior... 

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Todas as respostas son correctas. En efecto, todas estas calidades fan do polbo o campión da camuflaxe. Por unha banda os polbos cambian de cor a través dun sistema de pigmentos e reflectores que se combina para xerar unha inmensa variedade de cores e debuxos. Por outro, a súa pel lisa, grazas á acción dos músculos, pode tornarse rugosa, imitando perfectamente mesmo o aspecto dunha alga mariña. Por último a maneira na que un polbo se coloca pode facer que sexa máis ou menos visible. Algúns, por exemplo, enróscanse para parecer un anaco de coral e logo arrástranse lentamente sobre o leito mariño utilizando só dous brazos.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. E neste punto preguntaraste: como alcanzaron os polbos tal nivel de sofisticación? A resposta está na evolución, e é que os polbos levan habitando o planeta desde polo menos hai...

- 60 millóns de anos

- 140 millóns de anos

- 300 millóns de anos

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: nationalgeographic.com.es/naturaleza           Imaxe: David Liitschwager/National Geographic

0 comentarios