Blogia
vgomez

UCRANIA "A LIÑA VERNELLA" ENTRE DOUS MUNDOS

 

A “operación militar especial” que despregou Rusia onte en Ucraína marca unha nova etapa no conflito entre estes dous países, así como a relación entre Moscova e as potencias occidentais. 

O presidente ruso, Vladimir Putin, xustificou os ataques asegurando que busca protexer do exercito ucraíno ás rexións separatistas no leste do país, e advertiu con consecuencias “inmediatas” se alguén tenta enfrontarse a Rusia.

O mandatario de Ucraína, Volodymyr Zelensky, denunciou ataques con mísiles de cruceiro desde territorio ruso e anunciou a ruptura das relacións diplomáticas co goberno de Putin.

A Unión Europea describiu a situación como "un dos momentos máis escuros en Europa desde a Segunda Guerra Mundial" e prometeu sancións “masivas” contra Rusia.

Pero Cal é a orixe deste conflito? E cales son as súas repercusións internacionais?

As contestacións a estas preguntas no vídeo superior.

0 comentarios