Blogia
vgomez

CASTROS DE GALICIA XI

 

Continúo coa serie OS CASTROS DE GALICIA. Hoxe tócalle ao castro de Saceda.

O castro de Saceda localízase en Cualedro (Ourense), nun outeiro rochoso a 798 m. de altura, no medio dunha ampla chaira luso-galaica situada entre a prominente e fría Serra do Larouco (1.398 m) e a cálida depresión do río Támega (385 m).

Este poboado fortificado levantouse a pouco máis de 3,5 km ao noroeste do castro de San Millao, un dos castros máis monumentais e sorprendentes de toda a comarca de Monterrei e do que falaremos o próximo día.

O castro de Saceda sitúase nunha posición que lle permite controlar e dominar visualmente os recursos da zona: a auga, as terras de cultivo, as vías naturais de tránsito, recursos mineiros como o estaño, etc., elementos todos eles importantes durante a Idade do Ferro (800 a. C.- Ano 0).

Esta aldea fortificada en altura foi ocupada entre o s. VI a. C e o I d. C. e foi escavada durante a década de 1980. Desde o ano 2011 está declarada como Ben de Interese Cultural.

Mañá outro castro!

0 comentarios