CINCO ANIMAIS ASOMBROSOS QUE CONSEGUEN MOVERSE POLO AIRE SEN ÁS (IV)
Contunúo coa serie adicada a cinco animais asombrosos que conseguen moverse polo aire sen ás e que desenvolveron estratexias evolutivas que lles permite planar longas distancias, e nalgúns casos, mesmo voar sen ás.
4. A serpe que plana cambiando a súa forma
Serpe voadora do paraíso (A) planando, (B) en detalle e (C) esquema da súa sección corporal (Holden et al. 2014)
Entre os animais capaces de planar sen ás, as serpes do xénero Chrysopelea teñen unha das adaptacións máis completas. Na árbore, a súa forma é a dunha serpe normal, cunha sección circular. Pero cando se impulsa cara ao baleiro e estende o seu corpo para planar, non só faino ao longo, senón que ademais cambia a súa forma.
Estende as súas costelas, adquirindo un corte moi aplanado, cóncavo por riba e convexo case plano no ventre. Esa forma tan peculiar, sumada á súa gran lonxitude, proporciónalle un aerodinamismo pouco intuitivo, pero moi eficaz. É realmente remarcable o feito de que a serpe non conserva unha simetría bilateral —de esquerda a dereita—; o seu voo é ondulante como sería o seu desprazamento por terra, e ao arquexarse ao carón e ao outro, o lado do corpo que queda na curva interior da ondulación é máis groso que o lado exterior. Con todo, si que presenta unha simetría lonxitudinal, o que a fai única entre os animais planadores, e proporciónalle unha capacidade de manobra envexable, sen a necesidade dun temón.
Continuará...
FONTE: muyinteresante.es/naturaleza
0 comentarios