Blogia
vgomez

DESMONTANDO OS MITOS MÁIS PERSISTENTES SOBRE ANIMAIS (II)

Continúo coa serie adicada algúns dos mitos máis persistentes sobre animais e enfrontámolos coa evidencia científica. Porque entender o mundo animal tamén implica desaprender o que criamos saber.

Os peixes non olvidan aos cinco segundos: poden recordar durante semanas / Pixabay

Mito 2: A memoria dos peixes dura poucos segundos

Nas películas de Buscando a Nemo sacáronlle moito partido ao tópico de ter memoria de peixe para definir ás persoas incapaces de acordarse de nada. Pero a verdade é que a memoria destes animais dura máis que uns poucos segundos.

De feito, dependendo da especie e do estímulo recibido, poden lembrar cousas durante semanas, meses e, mesmo, anos. Experimentos realizados en centros de investigación así parecen indicalo.

Na Universidade MacEwan de Canadá utilizaron exemplares da especie Labidochromis caeruleus (coñecidos como cíclido limón, pola súa viva cor amarela) e adestráronos para que se movesen por unha zona concreta do acuario, na que recibirían comida como recompensa. Ao cabo de tres días de adestramento, trasladáronos a outro acuario no que os deixaron durante doce días. Cando regresaron á súa residencia orixinal, mostraron preferencia por moverse pola zona onde lembraban que recibirían o alimento.

Quen teña un acuario en casa dispoñen dunha maneira máis sinxela de comprobalo: tentar pescar cunha rede a un dos seus inquilinos. Cada vez resultaralles máis difícil, aínda que deixen pasar uns días entre un intento e outro, porque o peixe lembrará as ocasións anteriores e aumentará os seus esforzos para evitar ser atrapado.

Continuará!

FONTE: Vicente Fernández de Bobadilla/muyinteresante.com

0 comentarios