Blogia
vgomez

PETRÓGLIFO

 

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras. Son o antecedente dos símbolos previos á escritura e o seu uso na comunicación data de hai uns 12.000 anos e chega aos tempos modernos, dependendo da cultura e o lugar, dándose sobre todo a partir do Neolítico.

A palabra provén dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (tallar) e foi na súa orixe acuñada en francés como pétroglyphe.

En Galicia, os petróglifos comezan no Neolítico  e continúan na Idade de Bronce e na Idade de Ferro.

No vídeo superior, Déborah Vukusic completa esta indormación!

FONTE: gciencia.com

0 comentarios