Blogia
vgomez

XÚPITER

 

Cal é o planeta máis grande do Sistema Solar? A contestación é.... XÚPITER!

Xúpiter é o quinto planeta do Sistema Solar e o maior de todos eles. Forma parte dos denominados planetas exteriores ou gasosos. Era coñecido xa desde a antigüidade e parece ser que recibeu o nome por ser o maior de todos, xa que na mitoloxía romana Xúpiter era o pai dos deuses.

Componse fundamentalmente de hidróxeno, cunha porción menor de helio e un núcleo rochoso de elementos pesados. Debido á súa rápida rotación, o planeta posúe un lixeiro avultamento no ecuador, o que lle dá unha aparencia oblonga. A atmosfera exterior distribúese en varias bandas paralelas ao ecuador que ocasionan turbulencias e tormentas ao longo dos límites entre elas. Un resultado notorio é a Gran Mancha Vermella, que non é senón unha xigantesca tormenta que se vén desenvolvendo desde, como mínimo, o século XVII.

O planeta está rodeado por un lixeiro sistema de aneis planetarios e unha magnetosfera moi poderosa. Posúe tamén 79 lúas coñecidas, incluíndo as catro lúas maiores, que foron descubertas por Galileo en 1610.

No vídeo superior, Déborah Vukusic, completa a información!

0 comentarios