Blogia
vgomez

OS MISTERIOSOS RAIOS DE BOLA

Serie de imaxes que amosan a creación dun raio en forma de bola nun laboratorio / David M. Friday et. al/quo.eldiario.es

En 1960 fíxose público un estudo na Segunda Reunión Anual da División de Física do Plasma da Sociedade Estadounidense de Física onde se dixo que o 5% da poboación de mundial viu estes lóstregos en forma de bóla; unha porcentaxe similar á cantidade de xente que viu un raio ordinario a curta distancia. Un aviso: na internet poden verse moitas fotos de supostos raios en bóla, pero en realidade son fotografías sobreexpostas dun lóstrego. É máis, hai moitos expertos que apuntan a que ningunha das fotografías que podemos ver son realmente dun raio en bóla.

Temos constancia histórica de que levan observando pequenas bólas de luz brillante que se moven sobre o chan e logo desvanécense desde o tempo dos gregos. En xeral podémolo definir como unha bóla luminosa dun a 25 centímetros de diámetro que aproximadamente loce como unha lámpada incandescente de 20 w.

Xeralmente aparece despois dun raio, case sempre se move a unha velocidade máxima dun 10 km/h e frota a un metro do chan. O máis rechamante é que se move de forma errática cambiando de dirección, e adoita ir en sentido contrario á brisa predominante. Duran de media uns 25 segundos, de forma que canto máis grande é máis tempo permanecen e ao contrario, canto máis luminosa, menos vive. Ademais, aquelas de cor laranxa e azul parece que duran máis que o resto.

Como desaparecen? Ou apáganse silenciosamente ou o fan cun pequeno estalido. Isto último sucede con máis frecuencia en espazos abertos, ás veces causando danos importantes. É unha explosión estraña porque afecta a aqueles obxectos que sexan condutores da electricidade: déronse casos de caixas de conexións eléctricas que apareceron no medio da rúa.

Iso si, xorden onde menos o esperas, xa sexa dentro das casas ou mesmo no interior de avións (por certo, alí non son nada perigosos). E máis fascinante aínda: pasan a través de xanelas pechadas sen danar o vido. Non producen calor aínda que hai observacións de que o ambiente cheira a ozono e a óxidos de nitróxeno, e parecen provocar estática nos receptores de radio.

Todo isto motiva preguntas que non teñen resposta: se é un esfera de plasma estable, estará quente, pero entón debería elevarse como un globo, e non o fai. Por que se move? Mellor aínda, por que o adoita facer habitualmente contra o vento? Cal é fonte de enerxía que mantén esa luminosidade case constante ata que desaparece en lugar do que cabería esperar, que se fose apagando lentamente conforme pasa o tempo?

Publicáronse centos de artigos e varios libros discutindo o fenómeno, formulando todo tipo de hipótese para explicar a súa existencia, pero a maioría provocan máis preguntas que as que pretenden responder. Podemos contabilizar ata unhas 20 hipóteses explicativas, que van desde as máis fantasiosas, que é un pedazo de antimateria, ata as máis enrevesadas, como que é que é unha descarga luminosa impulsada por microondas e que se move ao longo das liñas de campo electromagnético creadas polo aire  ionizado polas nubes de raios onde se produce.  E o resplandor? Créase porque as microondas quedan atrapadas dentro dunha burbulla de plasma. Outra di que o raio en bóla aliméntao o campo eléctrico asociado ás cargas eléctricas dispersas que hai na terra despois de que caia un raio. E outra suxire que son simplemente luz atrapada dentro dunha burbulla de aire altamente comprimido. Tampouco podemos esquecernos da teoría que suxire que é o resultado de sílice vaporizada condensada en nanopartículas e empuxada cara arriba por unha onda de choque de aire.

Finalmente temos a Teoría do Máser-Solitón para a que os raios de bóla ao aire libre son causados por un máser atmosférico (análogo a un láser, pero operando no rango das microondas). A pesar de todos estes esforzos, o fenómeno atmosférico misterioso máis antigo coñecido resístese a que se atope unha explicación convincente.

FONTE: Miguel Ángel Sabadell/muyinteresante.es/naturaleza

0 comentarios