Blogia
vgomez

POR QUE OS MORCEGOS SON OS ÚNICOS MAMÍFEROS QUE PODEN VOAR?

Un dos inventos máis atrevidos de Leonardo da  Vinci foi o Ornitóptero (do grego ornitos, paxaro; e pteron, á), a súa máquina voadora. Para poder deseñala pasouse incontables horas observando o voo dos animais, o resultado final foi un estraño armazón no cal o tripulante se tiña que introducir e accionar unhas enormes ás cos seus brazos, axudado dun complexo sistema de pancas de man, pedais e poleas.

E é que a adaptación dos animais ao medio aéreo cativou a nosa atención desde tempos inmemoriais, as diferentes adaptacións dos animais para poder voar sendo obxecto de estudo por parte dos científicos de todas as épocas.

Ao longo da historia tan só catro grupos de animais foron capaces de conquistar o medio aéreo: os pterosaurios, as aves, os insectos e os morcegos.

Os pterosaurios foron os primeiros vertebrados que conseguiron un voo sostido e foi grazas, entre outras adaptacións, a que as súas ás estaban formadas por unha prolongación do cuarto dedo da man. O deseño das ás, a excelente aerodinámica para planear e unha potente musculatura pectoral, ancorada ao esterno, foron as principais adaptacións morfolóxicas no caso das aves. Pola súa banda, os insectos lograron que as súas ás formen parte do exoesqueleto e que se movan mediante a contracción da musculatura do tórax.

No Levítico, Deus establece unha conversación con Moisés e o seu irmán Aaron en relación aos animais que poden comer e aqueles que se consideran impuros. No versículo 13 recóllese a listaxe máis completa de aves de toda a Biblia. Alí danse cita a aguia, o quebraosos, o azor, o miñato, a avestruz, a curuxa, a gaivota, o bufo, o mergullón, a cegoña, a bubela e o morcego. E é que naqueles momentos todo o que voaba era considerado como un ave.

O ’gazapo bíblico’ non foi a única vez que se incluíu ao morcego como ave. Máis recentemente, no ano 2021, este mamífero foi declarado o Paxaro do ano de Nova Zelandia, un premio que outorga a asociación neozelandesa Forest & Bird (Bosque e paxaro) para concienciar dos perigos de extinción da fauna local e apoiar as políticas de conservación. Era a primeira vez na que un mamífero era galardoado con este prestixioso recoñecemento.

En Nova Zelandia o morcego de cola longa (Pekapeka-tou-roia, en lingua  maorí), que se atopa estreitamente emparentado con outros cinco morcegos barbudos que viven en Australia, é endémico e está en perigo de extinción.

O morcego  neozelandés é de pequeno tamaño e ten unha longa cola unida ás súas patas traseiras por un pataxio, unha singularidade que lle permite distinguirlle doutras especies.

Os morcegos pertencen á orde Chiroptera (do grego cheir, man, e pteron, á) e son os únicos mamíferos capaces de sosterse no voo por si mesmos. Isto conseguírono grazas a que as súas dúas extremidades dianteiras modificáronse e foron o soporte dunha membrana delgada e resistente coñecida como pataxio. Basicamente trátase dunha extensión da pel do abdome que se estende ata a punta dos dedos, unindo as extremidades co corpo.

O pataxio non é exclusivo dos quirópteros, tamén forma parte da anatomía dalgúns roedores como os chamados ’esquíos voadores’, grazas ao cal poden planear.

Ademais do pataxio, os morcegos teñen outras adaptacións morfolóxicas ao voo. As súas estruturas máis longas son os ósos da man (metacarpiais) e dos dedos (falanxes), o cal permítelles controlar o pataxio durante o voo. A todo isto, hai que engadir que dispoñen dunha musculatura propia no pataxio e que utilizan músculos adicionais, a nivel de peito e costas, para poder accionar as súas ás en sentido craneo-caudal.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciecia

0 comentarios