DINOSAUROS EUROPEOS III
Continúo coa serie adicada aos dinosauros europeos, xa que case todos os países modernos de Europa foron o lugar de descanso final das especies de dinosauros.
Se onte falamos do Archaeopteryx, hoxe tócalle ao...
3. Stegosaurus
Stegosaurus ou estegosauro é un xénero de dinosauros tireóforos estegosáuridos, que viviron a finais do período Xurásico, hai aproximadamente 156 e 144 millóns de anos, no Kimeridgiano e o Titoniano, no que hoxe é América do Norte e Europa. Debido ás súas distintivas espinas da cola e placas, Stegosaurus é un dos máis recoñecidos dinosauros, xunto con Tyrannosaurus, Triceratops, Velociraptor e Apatosaurus. O nome de Stegosaurus significa "réptil con tellado". Polo menos tres especies foron identificadas na porción superior da Formación Morrison no oeste dos Estados Unidos e son coñecidas polo menos por 80 individuos entre todas. En 2006, descubriuse un espécimen de Stegosaurus en Portugal, o que indica que este animal tamén estaba presente en Europa.
Sendo un gran herbívoro cuadrúpedo, pesadamente constituído, Stegosaurus tiña unha distintiva e inusual postura, cun lombo fortemente arquexado, os membros anteriores curtos, a cabeza preto do chan e a cola ríxida sostida no aire. O seu arsenal de placas e de púas foi o tema de moitas conxecturas. As espiñas foron utilizadas moi probablemente para a defensa, mentres que as placas tamén se propuxeron como mecanismo defensivo, e como parte da exhibición e das funcións de termorregulación. Stegosaurus foi un dos máis grandes estegosaurianos (máis grande que Kentrosaurus e que Huayangosaurus) e, aínda que aproximadamente do tamaño dun autobús, compartía moitas características anatómicas (incluíndo ás espiñas e as placas traseiras) cos outros xéneros estegosaurianos.
Mañá outro dinosauro europeo!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: /es.wikipedia.org
0 comentarios