A IMPORTANCIA DA INVESTIGACIÓN NA ESCOLA
Na sociedade abundan mensaxes que presentan solucións simples a problemas complexos. Para o profesor e biólogo Juan Fernández, a educación non escapa a este desafío: “A complexidade do noso mundo conleva necesariamente que as solucións sexan tamén complexas, tamén no ámbito da educación”. No seu libro, ‘Educar na complexidade’, repasa as simplificacións máis frecuentes ao redor da educación, os seus matices, arestas e contradicións. Dirixido aos profesionais do mundo educativo, nel anima aos seus colegas de profesión a apoiarse na investigación científica das últimas décadas, para despois levar ese coñecemento ás súas aulas. Juan Fernández tamén é o creador do blog Investigación docente, onde divulga e explica algunhas das obras de autores e autoras de referencia en investigación educativa, neuroeducación, psicoloxía educativa e técnicas de aprendizaxe, entre outros campos.
Como biólogo reconvertido en profesor de ciencias, comezou a súa andaina profesional traballando como investigador e técnico en institucións, como a Universidade Politécnica ou o Real Xardín Botánico de Madrid. Desde hai máis de dez anos, é profesor de Secundaria e Bacharelato. O seu interese científico traduciuse nunha curiosidade por buscar formas de mellorar como docente: “Deime conta de que, máis aló da miña intuición, o coñecemento científico podíame achegar moitísimo na miña práctica como profesor”, conclúe.
0 comentarios