Blogia
vgomez

BOLBORETAS VI

Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

5. Bolboreta isabelina

A bolboreta isabelina (Graellsia  isabellae) é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Saturniidae, unha das máis vistosas da fauna europea, cunha envergadura de ata 9 cm. Foi descuberta polo naturalista español Mariano da Paz Graells en Peguerinos en 1848. Bautizouna coa denominación Saturnia isabellae como dedicatoria á raíña Isabel II de España. Posteriormente a especie foi rebautizada como Graellsia isabellae en honra ao seu descubridor. Esta bolboreta nocturna é considerada endémica da península ibérica, aínda que se atopan poboacións illadas noutras montañas europeas, que poderían ser introducidas.

Estas bolboretas son monovoltinas, é dicir teñen unha soa xeración ao ano. Voan soamente durante a noite, entre abril e xullo segundo a latitude, a altitude e o clima.

Son de gran beleza cunha  coloración  predominantemente verde sucada por veas de cor marrón avermellada. Ademais posúen nas catro ás ocelos de varias cores e as ás posteriores de ambos os sexos presentan unhas rechamantes colas dunha lonxitude máis acusada no macho.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza  e  gl.wikipedias.org        Imaxe: Yeray Monasterio, wikimedia

0 comentarios