BOLBORETAS IX
Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.
8. A gloria de Bután
Esta espectacular bolboreta (Bhutanitis lidderdalii) é unha especie de bolboreta cola de andoriña (familia Papilionidae), que se atopa en Bután, partes do nordés da India e do sueste de Asia.
Os sexos da gloria de Bután son idénticos en aparencia, teñen ás dianteiras longas e redondeadas con remate convexo e ás traseiras con moitas colas. A bolboreta é de cor negra opaca na parte superior con estrías delgadas, onduladas e de cor crema que se estenden verticalmente ao longo das ás.
FONTE: muyinteresante.es/naturaleza e en.wikipedias.org Imaxe: Balakrishnan Valappil, wikimedia
0 comentarios