HOXE POLA NOITE ECLIPSE TOTAL DE LÚA
A Lúa adquire unha cor vermella e alaranxada durante unha eclipse lunar /NASA
Durante esta noite, será posible observar unha eclipse total de Lúa desde Europa, África e América. O fenómeno poderase ver a primeira vista, aínda que mellor cuns prismáticos ou un telescopio, e non entraña ningún perigo nin require ningún tipo de instrumentación especial. Iso si, nesta ocasión haberá que madrugar en países coma o noso.
Segundo datos do Observatorio Astronómico Nacional (OAN-IGN), a totalidade comezará ás 05:29 h (hora peninsular española) e terminará ás 06:54 h, polo que durará aproximadamente unha hora e 25 minutos. De forma parcial poderase ver antes e despois, desde as 04:28 h na que dará comezo o evento astronómico, ata as 07:55 h que finaliza. No caso concreto da nosa provincia (Pontevedra) istes son os horarios:
Durante a eclipse total, a Lúa non estará completamente escura, senón que tomará un ton avermellado. Iso débese a que parte da luz solar é desviada pola atmosfera terrestre. Como se tingue de vermello, ás veces denomínase popularmente como lúa de sangue, como vedes na imaxe superior.
Nunha eclipse de Lúa, a Terra impide que a luz do Sol chegue ata a Lúa, xerando un cono de sombra que escurece a Lúa, que adquire a cor avermellada característica.
Debido ao tamaño angular do Sol, a sombra que proxecta a Terra consta de dúas zonas: a umbra e a penumbra. Na umbra non existe radiación solar directa, mentres que na penumbra a radiación solar é bloqueada só parcialmente.
Por iso as eclipses clasifícanse en totais, parciais e penumbrais. Un observador dirá que viu unha eclipse total cando a Lúa se situou completamente na zona limiar. Cando só unha parte dela se sitúe na umbra, a eclipse será parcial. Se se sitúa na penumbra, a eclipse será penumbral, e só se producirá un sutil escurecemento na superficie lunar.
Esperemos que o estado do ceo acompañe!
FONTE: gciencia.com/ceos e astronomia.ign.es
0 comentarios