BOLBORETAS XIV
Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.
13. Macaón
O macaón (Papilio machaon), tamén coñecida como cola de andoriña, é unha das bolboretas diúrnas máis bonitas de Europa e é relativamente fácil de ver en España. Destaca a súa presenza en altitudes elevadas, chegando a atoparse mesmo a mil e dous mil metros de altitude.
Ten entre 32 e 56 mm de envergadura e caracterízase polas prolongacións que posúe nas ás posteriores. O seu voo pode apreciarse en climas máis setentrionais unha vez ó ano, dúas veces (abril-maio) e (xullo-agosto) en climas temperados e ata tres veces en lugares máis cálidos coma o sur da Península Ibérica e o norte de África.
A eiruga do Papilio machaon é moi rechamante e, se é irritada, pode facer saír polo seu extremo anterior un órgano de defensa glandular de cor laranxa chamado osmaterium. A crisálide é xeralmente de cor verde ou gris parda.
FONTE: muyinteresante.es/naturaleza e gl.wikipedias.org Imaxe: Entomolo, wikimedia
0 comentarios