ENCRUCILLADO CII
VERTICAIS: 1. Célula do sistema nervioso 2. Apelido do mariño español que completou a primeira volta ao mundo, ao quedar ao frente da expadición tras a norte de Fernando de Magallanes 3. Nome da especie de peixe da familia Scombridae, do grupo dos túnidos, considerado o irmán menor do atún vermello e de nome científico Euthynnus alletteratus 4. Apelido do escultor galego, autor do Monumento ó Mariñeiro Desaparecido, sito no porto da nosa localidade (A Guarda) 7. Nome do país, antigamente Illas Ellice, que é un arquipélago pertencente á rexión da Polinesia, localizada no Océano Pacífico, aproximadamente a metade de camiño entre Hawai e Australia 9. Concello galego, situado no noroeste da provincia de Pontevedra, pertencente a comarca de Pontevedra, cuxa capitalidade atópase no lugar de San Antoniño, na parroquia de Perdecanal.
HORIZONTAIS: 5. Instrumento en forma de disco plano para observar a posición dos astros e, segundo esta, deducir a latitude e a lonxitude 6. Río da cornixa cantábrica, que nace en Monte Castro Valnera, que discorre polo centro da comunidade autónoma de Cantabria e desemboca no mar Cantábrico, formando a ría de Mogro 8. Apelido do pintor e escultor galego, nado en Cambados en 1957, e autor do do animal fantástico coñecido como Sireno, que se atopa na Pota do Sol de Vigo 10. Planta silvestre moi semellante á macela, usada en infusións polas súas propiedades medicinais, e da que existen diversas especies.
0 comentarios