BOLBORETAS XVI
Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.
15. Numerada ou almirante vermello
Esta preciosa bolboreta (Vanessa atalanta), conocida popularmente también como atalanta, é común en Europa, Asia e América do Norte. Caracterízase polas súas ás marrón escuro, vermello e negro. A eiruga aliméntase de ortigas, e o adulto liba néctar de flores como as do xénero Buddleja; tamén se alimenta de froita moi madura.
É unha especie migradora: na área mediterránea, entre os meses de outubro e novembro prodúcese a chegada masiva de migradores reprodutivos procedentes do centro e norte de Europa.
FONTE: muyinteresante.es/naturaleza e gl.wikipedias.org Imaxe: Alvesgaspar, wikicommons
0 comentarios