Blogia
vgomez

DINOSAUROS SURAMERICANOS (IV)

Continúo coa serie adicada aos dinosauros americanos . Se onte falamos do Amazonsaurus, hoxe tócalle ao...

4. Carnotaurus

O Carnotaurus sastrei é a única especie coñecida do xénero extinto Carnotaurus de dinosauro terópodo do período Cretácico, hai aproximadamente entre 72 a 69,9 millóns de anos, desde o Campaniense ao Maastrichtiense, no que hoxe é Sudamérica. O máis notable deste dinosauro son os seus dous pequenos cornos sobre os ollos na súa pequena cabeza, sendo o primeiro  carnívoro que mostrase cornos ben formados e definidos. Tamén se acharon impresións da pel que presentaban pequenos  steodermos, escudos óseos.

Carnotaurus era de tamaño medio a grande, pero de constitución lixeira de entre 8 e 9 metros de lonxitude,​ ao redor de 3,5 de altura, e pesaba segundo os estudos entre 1.350 e 2.100 quilogramos.

Mañá o último dinosauro suramericano!

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxe: Fred Wierum/commons.wikimedia.org

0 comentarios