OS 10 ANIMAIS ENDÉMICOS DE ESPAÑA MÁIS AMEAZADOS (IX)
Continúo co noveno animal endémico do país (é dicir, que en todo o mundo só atópanse aquí), dos 10 que se atopan en maior risco, das máis de 600 especies animais ameazadas en España.
9. Lince Ibérico (Lynx pardinus)
En 2002, este felino alcanzou o seu mínimo histórico con menos de cen exemplares pero as políticas de repoboación permitiron multiplicar por dez o seu número, de maneira que a partir dos dous únicos núcleos poboacións onde se concentraba, o parque de Doñana e a serra de Andújar, estendeuse tamén cara a Extremadura, Castela-A Mancha e mesmo á veciña Portugal.
É un felino de aspecto grácil, con patas longas e unha cola curta cunha borla negra no extremo que adoita manter erguida baténdoa en momentos de perigo ou excitación. As súas características orellas puntiagudas están terminadas nun pincel de pelos negros ríxidos que favorece a súa camuflaxe ao descompoñer a redonda silueta da súa cabeza.
Tamén son características as patillas que colgan das súas fazulas. Aparecen a partir do ano de vida, cando apenas colgan por baixo do queixo e aumentan de tamaño coa idade. Os machos teñen as patillas e os pinceis negros e máis longos que as femias.
A súa coloración varía de pardo a agrisado cos flancos moteados de negro.
Continuará!
FONTE: farodevigo.es/medio-ambiente e es.wikipedia.org Imaxe: Junta de Andalucia
0 comentarios