Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CVII

VERTICAIS: 1. País de América Central con costas no mar Caribe ao norte e no océano Pacífico ao sur, onde a súa capital, e sede de goberno da República, é Tegucigalpa xunto á súa cidade xemelga Comayagüela 2. Vento moi forte de entre oeste e noroeste, que ocasiona fortes temporais na costa do Cantábrico 3. Parte do tronco dunha árbore que queda na terra despois de cortala 4. Mar que é parte do mar Mediterráneo, que baña ao norte e ao oeste as costas de Italia e ao leste as da península balcánica 6. Cidade máis poboada e capital comercial de Sri Lanka 7. Molusco mariño da clase dos gasterópodos, dunha soa valva en forma de orella, con cinco ou seis furados no bordo e de nome científico Haliotis tuberculata.

HORIZONTAIS: 5.  Árbore tropical da familia das anacardiáceas, de flores pequenas cun pedúnculo carnoso e comestible, en forma de pera, que se cultiva polo seu froito, tamén comestible, e pola súa madeira e de nome científico Anacardium occidentale  8. Parte saínte dos ósos que forman a articulación da perna co pé 9. Río do norte de España, afluente do Ebro, que discorre case por completo por Áraba, desembocando entre as localidades de Miranda de Ebro e o municipio arabés de Zambrana 10. Municipio da provincia de Ourense, da comatca de Verín, limítrofe con Portugal e famoso polos seus pementos.

0 comentarios