Blogia
vgomez

CINCO ANIMAIS CON BIOLUMINISCENCIA V-FIN

Case a metade das especies de ctenóforos son bioluminiscentes. Aínda que este estraño grupo de animais non contén máis de 170 especies coñecidas.

De aspecto alieníxena, estes animais, lembran ás criaturas da famosa película de James Cameron The Abyss, de 1989. Ademais de emitir luz propia mediante reaccións de bioluminiscencia, nas súas oito fileiras de cilios locomotores parecen proxectar as cores do arco da vella.

Aínda que moitos afirman que esas fileiras de cores cambiantes son produto tamén da bioluminiscencia, son embargo, non se trata dun fenómeno de emisión de luz, senón da difracción. O mesmo tipo de difracción que descubriu Newton ao facer pasar un feixe de luz branca por un prisma. En efecto, eses cilios difractan a luz branca que o ctenóforo recibe do ambiente, cambiando o seu coloración en función da orientación dos cilios, e cambia tamén segundo desde onde se lle mire.

A bioluminiscencia dos ctenóforos é tenue, dun ton azul ou verdoso, e só é visible cando se atopa nunha gran escuridade.

Fin!

FONTE: Vary (Álvaro Bayón)/muyinteresante.es/naturaleza

0 comentarios