DESCUBERTO O ÚLTIMO OSO PANDA EUROPEO
O último oso panda xigante de Europa puido habitar os humidais boscosos de Bulgaria hai uns seis millóns de anos. Os investigadores acharon esta nova especie a partir de dous dentes fósiles que durmían no museo búlgaro de Historia Natural desde o seu achado a finais da década dos 70. O animal era dun tamaño similar ao icónico oso branco e negro de hoxe, pero non dependía unicamente do bambú.
"Aínda que non é un devanceiro directo do xénero moderno do panda xigante, é o seu parente próximo", explica o investigador Nikolai Spassov, cuxos achados publicáronse en Journal of Vertebrate Paleontology.
Unha moa carniceira (usada para cortar carne e óso en forma similar ás tesoiras) superior e un cairo superior foron catalogados orixinalmente polo paleontólogo Ivan Nikolov, quen os agregou ao tesouro de fósiles do museo cando foron desenterrados no noroeste de Bulgaria. Esta nova especie chámase Agriarctos nikolovi na súa honra.
"Só tiñan unha etiqueta escrita vagamente a man", lembra o profesor Spassov sobre o fósil. "Levoume moitos anos pescudar cal era a súa idade. Logo tamén levoume moito tempo darme conta de que se trataba dun panda xigante fósil descoñecido", recoñece.
Os depósitos de carbón nos que se atoparon os dentes, que os imbuíron dun ton ennegrecido, suxiren que esta antigo panda habitaba rexións boscosas e pantanosas. Alí, durante a época do Mioceno, probablemente consumía unha dieta principalmente vexetariana, pero non dependía unicamente do bambú. Os fósiles da herba básica que sostén ao panda moderno son raros no rexistro fósil europeo e, especialmente, no Mioceno tardío búlgaro, e os picos dos dentes non parecen o suficientemente fortes como para esmagar os talos leñosos.
En cambio, probablemente alimentouse de materiais vexetais máis brandos, aliñándose coa tendencia xeral cara a unha maior dependencia das plantas na historia evolutiva deste grupo. Compartir a súa contorna con outros grandes depredadores probablemente conduciu á liñaxe do panda xigante cara ao vexetarianismo.
"A probable competencia con outras especies, especialmente carnívoros e presumiblemente outros osos, explica a especialización alimentaria máis próxima dos pandas xigantes aos alimentos vexetais en condicións de bosque húmido", afirma Spassov.
Con todo, os dentes do A. nikolovi proporcionaron unha ampla defensa contra os depredadores. Ademais, os cairos son comparables en tamaño aos do panda moderno, o que suxire que pertencían a un animal de tamaño similar ou só un pouco máis pequeno.
Os autores propoñen que A. nikolovi puido extinguirse como resultado do cambio climático, probablemente debido á ’crise de salinidade de Messiniense’, un evento no que a conca do Mediterráneo secouse, alterando significativamente as contornas terrestres circundantes.
"Os pandas xigantes son un grupo de osos moi especializado", agrega Spassov. "É probable que o cambio climático ao final do Mioceno no sur de Europa, que conduciu á aridificación, tivo un efecto adverso na existencia do último panda europeo", subliña.
Aínda que este grupo de animais é mellor coñecido polo seu único representante vivo, o panda xigante, unha vez estendéronse por Europa e Asia. O grupo puido desenvolverse en Europa e logo dirixirse a Asia, onde se desenvolveron os devanceiros doutro xénero, Ailurarctos. Estas primeiros pandas poden evolucionar máis tarde en Ailuropoda , o panda xigante moderno.
FONTE: abc.es/ciencia
0 comentarios