Blogia
vgomez

IMAXE DA GALAXIA "RODA DO CARRO"

Nova imaxe da galaxia capturada polo James Webb / SPACE TELESCOPE SCIENCE INSTITUT (AFP)

Mentres comezan a cociñarse os novos resultados científicos derivados das súas observacións, o supertelescopio James Webb segue mostrando o seu potencial con detalladas e espectaculares observacións de vellas coñecidas, como a que acaba de publicar da galaxia Roda de Carro.

Grazas aos instrumentos de alta precisión do recentemente estreado telescopio, agora pódense observar con gran resolución estrelas individuais e rexións de formación estelar dentro desta galaxia. Tamén permitiu revelar o comportamento do buraco negro que fai de eixo de Roda de Carro, unha formación que se atopa situada a uns 500 millóns de anos luz de distancia, na constelación de Sculptor.

Trátase dunha rara galaxia lenticular que algunha vez estivo envolvida en po e misterio, segundo explican os científicos a cargo do Webb, que se formou como resultado dunha colisión entre unha galaxia espiral grande e outra galaxia máis pequena, o que provocou cambios masivos en toda a súa estrutura. A colisión provocou que a galaxia resultante luza dous aneis: un interior brillante e outro colorido circundante. “Estes dous aneis expándense cara a fóra desde o centro da colisión, como as ondas nun estanque despois de lanzar unha pedra. Debido a estas características distintivas, os astrónomos chámana ‘galaxia anular’, unha estrutura menos común que as galaxias espirais como a nosa Vía Láctea”, explica a Axencia Espacial Europea (ESA) nunha nota.

FONTE: elpais.com/ciencia

0 comentarios