CHEGA O OUTONO
O outono de 2022 comezou hoxe, día 23 de setembro ás 03 horas 04 minutos. Esta estación durará aproximadamente 89 días e 21 horas, e terminará o 21 de decembro co comezo do inverno.
O inicio do outono no hemisferio norte está definido polo instante en que a Terra pasa polo punto da súa órbita desde o cal o centro do Sol cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. O día en que isto sucede a duración do día e a noite practicamente coinciden. A esta circunstancia chámana tamén equinoccio de outono.
No momento en que o outono comeza no hemisferio norte, no hemisferio sur comeza a primavera.
Que o disfrutedes!
FONTE: astronomia.ign.es Imaxe: paxinasgalegas.es
0 comentarios