Blogia
vgomez

O RACISMO OU A BOLBORETA NO PALACIO INVERNAL

 

En 1994, a familia de Alliance Niyigena tivo que percorrer a pé os 8.000 quilómetros que separan Ruanda da República Centroafricana, para fuxir do xenocidio ruandés. A súa historia comeza no avión que os levaría como refuxiados a Noruega, onde comezou unha nova vida. Está dobre nacionalidade e cultura noruegués ruandesa permitiulle coñecer as luces e sombras da sociedade europea. "Creo que sufrín moitas microagresións, pero a peor era a frase: ‘Es moi intelixente para ser unha moza negra’. Significa que ninguén como eu pode ser intelixente, que son moi rara para a miña raza. Todos os meus esforzos, o meu traballo, a paixón por aprender, inmediatamente con esta frase son invalidados", reflexiona esta investigadora, que fala cinco idiomas. 

Con 15 anos, Niyigena gañou unha bolsa para continuar os seus estudos en Francia e posteriormente en Edimburgo, onde se converteu en enxeñeira mecánica e eléctrica. A súa excelencia académica foi recoñecida con sucesivas bolsas como a Saltire Scholar e a bolsa Schwarzman. Entre 2019 e 2020 traballou como Xefa do equipo Hyperloop de Elon Musk da Universidade de Edimburgo, para desenvolver o transporte de mercadorías a través tubos de aceiro ao baleiro en cápsulas que levitan magnéticamente. Posteriormente investigou no o Centro de Microelectrónica de Barcelona, dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), dedicado ao desenvolvemento de novas nanotecnoloxías como as "baterías de celulosa", que poderían cargarse con fluídos corporais como sangue ou suor.

Nos últimos anos, a súa traxectoria profesional deu un xiro cara ao desenvolvemento de solucións de enerxía renovables e infraestruturas educativas en países emerxentes.

0 comentarios