FÓSILES VIVENTES III (FIN)
Remato coa serie fósiles viventes, especies que evolucionaron moi pouco desde que apareceron na Terra, e iso é un signo de que o seu proceso de evolución foi un éxito e permitiulles sobrevivir durante tanto tempo.
Se onte falamos do Piñeiro Wollemi e do Tuatara, hoxe farémolo…
4. Xinkgo
O xinkgo (Ginkgo biloba L.) é a única representante na actualidade das Ginkgophyta, unha división das plantas da que o resto de especies só se coñecen por mostras fosilizadas. Malia a súa semellanza aparente coas plantas espermatófitas ou fanerógamas, o xinkgo pertence coma as coníferas ao grupo das ximnospermas (Gymnospermae), ou plantas de semente espida.
Os xinkgos son orixinarios do leste de Asia, onde se cultiva pola súa semente ou para fornecer material de construción. Foron traídos a Europa por mariñeiros neerlandeses. Fóra do seu hábitat natural adoitan cultivarse con fins decorativas. Ademais valóranse moito coma árbores urbanas, xa que aguantan moi ben a contaminación.
5. Nautilus
Mautilus é un xénero de moluscos cefalópodos dos que sobreviven hoxe tres especies. Reciben o nome común de nautilus, nome que comparten coas especies do xénero Allonautilus, da que se diferencian significativamente.
Fin!
FONTE: quo.eldiario.es/ciencia e es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios