CANTO SABES SOBRE ASIA? XIX
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é Portugal. Macau é unha zona administrativa especial da República Popular da China. Foi administrada polo Imperio portugués e os seus estados herdeiros desde mediados do século XVI ata o 20 de decembro de 1999, cando foi a última colonia europea en Asia. Está constituída por unha península e dúas illas (Taipa e Coloane), cunha superficie total de 28,2 km². Ten preto de 647.700 habitantes. Baixo a política de «un país, dous sistemas», o Consello de Estado da República Popular China é responsable da defensa militar e dos asuntos exteriores, mentres que Macau mantén o seu propio sistema legal, forza de seguridade pública, sistema monetario, política aduaneira e política de inmigración. Esta forma de goberno vai estar en vigor ata, como mínimo o ano 2.049, 50 anos despois da transferencia de soberanía, data na que se producirá a transferencia de administración, pola que Macau pasará a ser administrada pola China.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
19. Os Emiratos Árabes Unidos son unha federación de emiratos situados na Península de Arabia. Pero, por cantos emiratos está formada esta federación?
- 3
- 5
- 7
- 9
Mañá a solución e fin da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios