Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? IX

Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².

A contestación correcta á pregunta de onte é Repítese a bandeira do Reino Unido. A explicación é a pertenza a Mancomunidade de Nacións (Commonwealth of Nations), unha organización composta por 54 países soberanos independentes e semiindependentes que, coa excepción de Mozambique e Ruanda, comparten lazos históricos co Reino Unido. No pasado, Irlanda e Zimbabue tamén formaron parte dela. O seu principal obxectivo é a cooperación internacional no ámbito político e económico, e desde 1950 a pertenza a ela non implica submisión algunha á Coroa británica, aínda que se respecta a figura do monarca do Reino Unido (Carlos III).

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Na maioría das 14 nacións independentes de Oceanía, teñem por moeda oficial o dólar (australiano, estadonidense, neozelandes...) pero hai tres que non o teñen. relaciona a moeda co país:

1. Papúa Nova Guinea           a. Tala

2. Vanuatu                             b. Kina

3. Samoa                               c. Vatu

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxe: es.wikipedia.org, es.aliexpress.comforum.com

0 comentarios