CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? XX (FIN)
Remato coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é Constantinopla. É o nome histórico da actual cidade de Istambul, fundada polo emperador Constantino I (Constantini-polis, a cidade de Constantino, a nova Roma), situada a ambos lados do Estreito do Bósforo en Turquía, sendo capital de distintos imperios ao longo da súa milenaria historia.
Odoacro, rei dos hérulos, derroca ao último emperador de Roma, Rómulo Augústulo, o 4 de setembro de 476. Este feito marca o fin do Imperio Romano: desaparece o imperio occidental mentres que o imperio oriental bizantino sobrevive ata a caída de Constantinopla, en 1453.
O Imperio Romano de Occidente estaba sumido en graves conflitos políticos, económicos e sociais desde facía moito tempo mentres diferentes pobos germánicos construían reinos nos territorios europeos que formaran parte do todopoderoso imperio de Roma.
Tres datas son decisivas na caída do Imperio Romano: a batalla de Andrinopla (9 de agosto de 378), a invasión e saqueo de Roma (390) polos galos, que nunca fora invadida durante oito séculos, e o derrocamento do último emperador de Roma (4 de setembro de 476). Unha coalición de tribos germánicas derrotou o 9 de agosto de 378 ao exército romano durante a batalla de Andrinopla, nas chairas ao noroeste da cidade romana de Adrianópolis, actualmente Edirne, na Turquía europea. Esta derrota marca o inicio do declive real irreversible do poder de Roma, coa progresiva perda de autoridade sobre o seu vasto dominio territorial. Uns anos máis tarde, no 386, unha gran invasión de pobos godos impón a Roma importantes perdas territoriais.
E así remato esta primeira aproximación ao Imperio Romano, esperando que servise para recordar aspectos desta época e do seu legado.
Ata a próxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe:muyhistoria.es/h-antigua/
0 comentarios