CANTO SABES SOBRE A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA? VII
Continúo coa serie sobre a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA do 78. Unha gran descoñecida para boa parte dos españois e que desde aquí pretendo mellorar o seu coñecemento.
A contestación correcta á pregunta de onte é Si. Daríase só no caso se os actuais reis de España tivesen otro fillo e que fose home, entón Leonor deixaría de ser herdeira ao trono. Segundo o disposto a día de hoxe en artigo 57.1 do Título II: "A sucesión no trono seguirá a orde regular de primoxenitura e representación, sendo preferida sempre a liña anterior ás posteriores; na mesma liña, o grao máis próximo ao máis remoto; no mesmo grao, o home á muller, e no mesmo sexo, a persoa de máis idade á de menos”. Este precisamente é o motivo polo que Felipe VI ostenta o título de Rei de España. Se esta norma non estivese vixente, agora mesmo sería a Infanta Elena quen con 60 anos sería a xefa do Estado. Mesmo se Elena quedase fóra da liña sucesoria, o título de Raíña ostentaríao a Infanta Cristina con 57, fronte aos 55 de Felipe. Faría falta un cambio constitucional para promover a igualdade neste caso, pero sería largo e complexo, que por certo intentouse dúas veces en 2005 e 2006, pero fracasaron no intento.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. A Constitución cumpriu 44 anos. Por que non houbo ninguna modificación nos artigos básicos que fan referencia ás bases do texto como a capitalidade do Estado ou a lingua, os dereitos fundamentais e a Coroa?
a. Proceso largo e complexo. Necesita ser aprobado polo Congreso e Senado por maioría cualificada, é dicir dous tercios.
b. Proceso largo e complexo. Necesita ser aprobado polo Congreso e Senado por maioría cualificada, é dicir dous tercios. Despois disolveranse as Cámaras e convocar eleccións. O novo Parlamento votaria a reforma 2 veces, unha por mayoría simple e outra por maioría cualificada.
c. Proceso largo e complexo. Necesita ser aprobado polo Congreso e Senado por maioría cualificada, é dicir dous tercios. Despois disolveranse as Cámaras e convocar eleccións. O novo Parlamento votaria a reforma 2 veces, unha por mayoría simple e outra por maioría cualificada. Despois tería que ser sometida a referéndum do pobo español.
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal antena3.com e elplural.com Imaxe: nuevatribuna.es
0 comentarios