Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXXIII

VERTICAIS: 2. Maior cidade de Turquía, que non é capital do país, e tamén unha das máis poboadas de Europa 3. Mineral de sulfuro de mercurio, que se presenta en cristais de cor vermella e do que se obtén o mercurio. 4. Río máis grande de Canadá 5. Cabo da costa catalá, o punto máis oriental da Península Ibérica, situado ao norte do golfo de Roses 7. Lago máis grande de Cataluña 9. Cría da ovella.

HORIZONTAIS: 1. Río europeo da vertente atlántica, que discorre unicamente por Francia, sendo o máis grande deste país 6. Xeo que queda colgando nalgún sitio ao conxelarse a auga que cae 8. Peixe da familia dos gádidos duns corenta centímetros de lonxitude e cor cincenta ou castaña amarelada no dorso e prateada nos flancos e no ventre, cunha mancha negra na base das aletas pectorais e de nome científico Trisopterus luscus  10. Árbore e arbusto da familia Myrtaceae, chamado comunmente limpatubos ou limpabotellas, pola forma da súa inflorescencia.

0 comentarios