Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA? XV

Continúo coa serie sobre a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA do 78. Unha gran descoñecida para boa parte dos españois e que desde aquí pretendo mellorar o seu coñecemento.

A contestación correcta á pregunta de onte é Un mínimo de 300 e un máximo de 400. A Constitución no artigo 68, nos apartados 1, 2 e 3 establece: O Congreso componse dun mínimo de 300 e un máximo de 400 Deputados, elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto, nos termos que estableza a lei. A circunscrición electoral é a provincia. As poboacións de Ceuta e Melilla estarán representadas cada unha delas por un Deputado. A lei distribuirá o número total de Deputados, asignando unha representación mínima inicial a cada circunscrición e distribuíndo os demais en proporción á poboación. A elección verificarase en cada circunscrición atendendo a criterios de representación proporcional. Nesta lexislatura o número de Deputados é de 350, aínda que na actualidade conta só con 349, xa que houbo unha baoxa e non foi substituído.

E imos coa pregunta de hoxe!


15. Moito temos oído falar do CXPJ (Consello Xeral do Poder Xudicial), sobre a súa composición e se está ou non caducado. Por que sucede isto?

- Porque ten o mandato caducado dende 2020.

- Porque hai que renovalo cada 8 anos.

- Porque hai que renovalo cada 5 anos.

Mañá a solución e última pregunta da serie!

FONTE: Adaptación propia da idea orixinal antena3.com  Imaxe: E.P./deia.eus

0 comentarios