Blogia
vgomez

ANIMAIS EXTINTOS XI

Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.

Se onte falamos do Quagga, hoxe tócalle o turno á...

11. Tigre de Tasmania

O tilacino (Thylacinus cynocephalus) ou tigre de Tasmania era un marsupial que habitaba en Australia, Nova Guinea e Tasmania. A súa poboación extinguiuse na década de 1960 por razóns que aínda se descoñecen. Tratábase dun gran marsupial carnívoro sen relación cos tigres. Tiña o aspecto dun can de tamaño mediano a grande (pesaba 30 kg cunha lonxitude do nariz á cola de case 2 metros), pero as raias escuras dábanlle un certo aire a tigre. Crese que foi perseguido ata a extinción, alentado polas recompensas; a invasión humana do seu hábitat e a enfermidade tamén poderían contribuír. O último tigre salvaxe de Tasmania foi asasinado entre 1910 e 1920, e o último cativo morreu en Hobart Zoo, Tasmania en 1936.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza  

0 comentarios