ANIMAIS EXTINTOS XV
Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.
Se onte falamos do Parrulo do Labrador, hoxe tócalle o turno á...
15. Arao xigante
O arao xigante (Pinguinus impennis) era tamén un paxaro grande e non voador localizado no Atlántico Norte e mesmo tan ao sur como o norte de España. Tiña unha altura media de 75-85 cm e pesaba ao redor de 5 kg. Era un poderoso nadador, o que o convertían nun fantástico cazador subacuático. Iso si, en terra firme eran moi torpes. Os primeiros exploradores cazábanos como fonte de alimento fácil de conseguir. Para 1835 todos foran exterminados. O Museo de Historia Natural de Londres alberga un exemplar coa seguinte lenda: ’é un dos símbolos máis poderosos do dano que os humanos poden causar. A especie extinguiuse no século XIX como consecuencia de séculos de intensa explotación humana".
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza
0 comentarios